• Inicio
  • Xivet
  • Clientes
  • FAQs
  • Descargas
  • Contacto
  • Español
  • Galego
XIVET
XIVET PDF Imprimir Correo-e
xivet - xivet

XiVet é unha completa solución para a xestión veterinaria de explotacións de gando vacún. É, polo tanto, unha ferramenta orientada aos profesionais deste sector.

Deseñada en colaboración con veterinarios que se adican a esta actividade, convertese nun eficaz sistema para aquelas clínicas e profesionais que supervisan explotacións de gando vacún, facilitando as tarefas de xestión veterinaria nesas explotacións.

Aspectos como: o período de espera voluntario, ciclos e fases reproductivas, enfermedades habituais como mamites e coxeiras, planifiación de tarefas, control de botiquíns, emisións de albarás e faturas, etc, son tratados, e tidos en conta, de xeito especial en XiVet.

 
Control reprodutivo PDF Imprimir Correo-e
xivet - xivet

A eficiencia reprodutiva é un elemento clave para mellorar a rendabilidade final das explotacións gandeiras onde un estricto control reprodutivo axudará a aumentar a producción.

En todas as explotacións, sobre todo en aquelas de tamaño medio e grande, e preciso levar un rexistro do estado dos animais e das intervencións practicadas (eventos reproductivos e sanitarios). Os profesionais deben de contar con ferramentas informáticas que faciliten, para cada explotación que xestionan, aspectos básicos como:

  • Xestión dos ciclos reprodutivos.
  • Identificación do estado dos animais.
  • Rexistro de eventos nas distintas fases dos ciclos reproductivos.
  • Control de enfermidades e tratamentos.
  • Emisión de receitas en papel oficial.
  • Xestión de almacen e botiquíns.
  • Facturación a clientes e cooperativas.
 
Galería de Pantallas
Logo Xaspe Copyright © 2010 xivet.com
CSS ValidityXHTML Validity