XIVET Imprimir
xivet - xivet

XiVet é unha completa solución para a xestión veterinaria de explotacións de gando vacún. É, polo tanto, unha ferramenta orientada aos profesionais deste sector.

Deseñada en colaboración con veterinarios que se adican a esta actividade, convertese nun eficaz sistema para aquelas clínicas e profesionais que supervisan explotacións de gando vacún, facilitando as tarefas de xestión veterinaria nesas explotacións.

Aspectos como: o período de espera voluntario, ciclos e fases reproductivas, enfermedades habituais como mamites e coxeiras, planifiación de tarefas, control de botiquíns, emisións de albarás e faturas, etc, son tratados, e tidos en conta, de xeito especial en XiVet.